Anúncianse os gañadores dos premios SEUA-MINDTECH AWARDS

Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

Anúncianse os gañadores dos premios SEUA-MINDTECH  AWARDS

Os membros do Xurado dos SEUA- Mindtech Awards anuncian hoxe, 4 de Setembro, os gañadores dos premios enmarcados dentro da feira MINDTECH 2019 (10-12 setembro en Vigo).

O xurado reuniuse onte, 3 de Setembro, na sede da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) en Vigo, para fallar a convocatoria.

Estes premios organízanse en colaboración cos Startup Europe Awards ( SEUA), unha iniciativa de innovación aberta da Comisión Europea implementada pola Fundación Finnova, que contou co apoio do Presidente do Parlamento Europeo, o Presidente do Comité das Rexións, o Vicepresidente do Comité Económico e Social Europeo e varios membros do Parlamento Europeo.

O xurado decidiu recoñecer con estes galardóns a diferentes empresas e organizacións de distinta traxectoria, tanto startups como empresas consolidadas.

Xusto Sierra, Presidente de MINDTECH e membro do xurado, declarou que “Estes premios son un excelente exemplo do gran potencial e valor engadido da industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas, que será precisamente o que se mostre a nivel internacional durante Mindtech 2019. Felicito a todos os gañadores polo seu excelente traballo e por servir de inspiración como casos de éxito para outras empresas do sector”.

Premiados por categoría

1. Innovation Award: Trumpf- Premio á mellor traxectoria ligada á innovación, con proxectos destacados en tecnoloxías como a impresión 3D, intelixencia artificial ou láser.

2. 4.0 Award: Industrial Recense -Premio á potenciación e implementación de tecnoloxías 4.0 co seu proxecto de Fábrica Virtual, na que poder realizar toda clase de probas e experimentos ata optimizar a fábrica completa.

3. Startup Award: Netun- Premio á súa traxectoria con Help-flash, un dispositivo intelixente para sinalizar incidentes na estrada e contactar cos servizos de emerxencia.

4. CSR Award: Teiga- Premio á súa política de RSC co proxecto “ Xe-mente”, dedicado á capacitación de persoas con diversidade intelectual e/ou funcional en materia de produción sustentable e ecolóxica.

5. Energy Efficiency Award: CIE Automotive & CO2 Smart Technologies – Premio á xestión eficaz dos seus recursos enerxéticos pola implantación dun sistema para monitoraxe e xestión enerxética na planta de CIE- Galfor.

6. Mobility Award: CTAG – Premio á iniciativa que fomenta un cambio disruptivo dentro do ámbito da mobilidade por SISCOGA, un corredor intelixente para mobilidade conectada e autónoma.

Os premios terán carácter conmemorativo e entregaranse a cea de gala de MINDTECH o próximo 10 de setembro. Na categoría de startup entregarase tamén un cheque de aceleración de 5.000 euros financiado pola Xunta de Galicia. A startup gañadora poderá trocalo por servizos de mentorización para consecución de financiamento europeo, networking e outras actividades de consultoría e apoio.

Entidades participantes no xurado

· ABANCA

· Concello de Vigo

· Consorcio Zona Franca Vigo

· Deputación de Pontevedra

· GAIN

· ICEX

· IFEVI

· IGAPE