“A AP-9 é a metáfora da submisión de Feijóo a Madrid” – Xoán Bascuas

Publicado por o día 20/10/2016 na sección de Compromiso por Galicia,Política,Vigo

“A AP-9 é a metáfora da submisión de Feijóo a Madrid” – Xoán Bascuas

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, emprazou ao presidente da Xunta a defender os intereses de Galicia con respecto ao veto do goberno do estado sobre a transferencia da AP-9, unha arteria viaria estratéxica para Galicia que conta cunha peaxe que lesiona os petos dos galegos.

Para Bascuas a transferencia da AP-9 é irrenunciable e “Núñez Feijóo ten que demostrar se é o presidente dun país ou o obediente e submiso afiliado dun partido con sede en Madrid”. O portavoz do partido galeguista lamenta a “postura intransixente e obstrucionista dun PP que non quere nin dialogar” e afirma que non valen posicionamentos mornos e de escaparate por parte da Xunta.

Galicia ten que asumir a titularidade desa vía, este país necesita máis autogoberno e non podemos permitirnos o luxo de ter un presidente que se acorda do galeguismo só durante as campañas electorais, porque agora é cando hai que ser claros e rotundos” sentenza Bascuas.