Aparece o corpo sen vida dun home de avanzada idade flotando no río Madalena, en Vilalba

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Sucesos

Aparece o corpo sen vida dun home de avanzada idade flotando no río Madalena, en Vilalba

O corpo dun home de avanzada idade apareceu esta tarde flotando no río Madalena, no concello lucense de Vilalba.

Ao fío das 17:00 horas da tarde de hoxe, unha persoa particular alertou da presenza do cadáver mediante unha chamada ao 112 Galicia. Segundo indicou, avistaba o corpo dunha persoa flotando preto da praia fluvial.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activaron un operativo para sacar o corpo da auga, no que participaron os Bombeiros de Vilalba, profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e membros de Protección Civil da localidade.

Ademais, foron informados os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso, aínda que sospeitan que puido tratarse dunha caída accidental.