Os servizos de emerxencias sacaron da auga o cadáver dun home que flotaba no Río Limia, en Xinzo.
Polo momento, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do falecemento do home cuxo corpo apareceu preto das pisicinas municipais.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o cadáver foi localizado ás 13:30 horas de hoxe polos axentes da Policía Local, que solicitaron medios e recursos para a súa recuperación. Deste xeito, acudiron os efectivos do parque de bombeiros de Xinzo de Limia e tamén os efectivos da Garda Civil co fin de poñer en claro as circunstancias que rodearon este suceso.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.