Aparece o corpo sen vida dunha persoa flotando nun regato en Beade

Publicado por o día 09/01/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Aparece o corpo sen vida dunha persoa flotando nun regato en Beade

Un veciño localizou esta tarde o corpo sen vida dunha persoa cando flotaba no río en Vigo.

Tralo achado, a persoa contactou co 112 Galicia minutos antes das seis da tarde para indicar que o corpo encontrábase nun regato, á altura do Muiño do Aigón, na parroquia de Beade. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia poñia o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, 061-Urxencias Sanitarias e axentes da Policía Nacional, que pouco despois confirmaron o falecemento da persoa.

De momento, descoñécense as circunstancias que rodearon o suceso a espera de que á Policia realice ás investigacións pertinentes.