Apertura da campaña eleitoral de Alexandra Fernández en Vigo

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra abrirá a campaña xunto con Xosé Manuel Beiras ás 23,30 horas en Vigo
Publicado por o día 09/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Apertura da campaña eleitoral de Alexandra Fernández en Vigo

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Alexandra Fernández Gómez, abrirá a campaña eleitoral das elecións a Cortes do Estado (26 xuño) ás 23,30 horas no local de En Marea en Vigo, situado na Avenida das Camelias, 85.

A candidata estará acompañada por Xosé Manuel Beiras, entre outras persoas que acudirán á tradicional apertura e pegada de cartaces.