Aplicar o IVE superreducido a productos de hixiene feminina constitúe “unha cuestión de xustiza tributaria e igualdade”

Publicado por o día 07/02/2020 na sección de Política,PSOE

Aplicar o IVE superreducido a productos de hixiene feminina constitúe “unha cuestión de xustiza tributaria e igualdade”

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Teresa Porritt, dixo hoxe que aplicar un tipo de IVE superreducido a produtos de hixiene feminina é unha “cuestión de xustiza tributaria e igualdade”. Así o dixo no debate en Comisión do ditame da proposición de Lei de modificación do IVE para presentar perante o Congreso, que foi apoiada polos socialistas e será debatida a continuación no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista sinalou ademais que esta medida “nesta ocasión vai saír adiante sen ningunha dúbida” xa que “parte do noso programa electoral” ás pasadas eleccións xerais, e que ademais foi recollida no acordo de goberno entre o PSOE e Unidas Podemos.

Porrit contrastou esta aposta a nivel estatal coa resistencia do PP e do goberno galego a aplicar medidas semellantes sobre os Orzamentos da Comunidade Autónoma, logo de que rexeitaran tódalas emendas presentadas polo Grupo Socialista para “corrixir as desigualdades fiscais existentes” e aplicar a perspectiva de xénero dende o punto de vista orzamentario.