Apoio cidadán e profesional xeneralizado á Lei de Seguridade do Paciente

Nove de cada 10 españois consideran necesario que se garanta por Lei a seguridade na atención sanitaria, e preto de nove de cada dez cre que o feito de que só haxa cinco enfermeiras e enfermeiros por 1.000 habitantes en España afecta negativamente á calidade da asistencia que reciben e conleva máis riscos.
Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Sanidad,SATSE,Sindicatos

Apoio cidadán e profesional xeneralizado á Lei de Seguridade do Paciente

O Sindicato de Enfermería, SATSE, volveu a saír á rúa en Galicia co obxectivo de seguir solicitando as 500.000 firmas necesarias para que a Lei de Seguridade do Paciente que está a impulsar, a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular, sexa debatida e aprobada no Congreso dos Deputados nos próximos meses.
 
Transcorridos algo máis de sete meses desde o inicio da recollida de firmas, SATSE está moi satisfeito do maioritario apoio dos profesionais e a sociedade no seu conxunto á Lei que busca garantir a seguridade na atención sanitaria a través dun número suficiente de enfermeiras e enfermeiros nos hospitais, centros de saúde e o resto de centros sanitarios e sociosanitarios de Galicia.
 
Preto da “recta final” da recollida de firmas, o Sindicato de Enfermería móstrase optimista respecto a lograr as 500.000 firmas necesarias e confía en que sexa unha realidade unha vez termine o prazo establecido polo Congreso dos Deputados.
 
Para lograr este obxectivo, os delegados e delegadas de SATSE en Galicia solicitaron de maneira contínua nestes meses o apoio de cidadáns e profesionais e hoxe volvérono a facer de maneira xeneralizada con novas mesas e puntos informativos instalados na Praza Maior de Lugo, nas consultas externas do CHUAC, Montecelo e Alváro Cunqueiro e na Praza de Abastos de Ourense.
 
SATSE volveu a constatar que son moitos os galegos que deciden apoiar a norma, unha vez coñecen o seu obxectivo, porque a práctica totalidade coincide coa organización sindical en que o déficit de enfermeiras e enfermeiros que existe no Sergas repercute na atención que reciben cando teñen que ser hospitalizados ou ser atendidos no seu centro de saúde.
 
Esta opinión maioritaria constatouse tamén na enquisa realizada recentemente por SATSE, xa que nove de cada 10 españois (92%) consideran necesario que se garanta a seguridade na atención sanitaria a través desta Lei, e preto de nove de cada dez cre que o feito de que só haxa cinco enfermeiras e enfermeiros por 1.000 habitantes en España afecta negativamente á calidade da asistencia que reciben e conleva máis riscos de sufrir complicacións, erros involuntarios dos profesionais ou demoras na asistencia, entre outras consecuencias.
 
Ademais de pedir a súa firma, a todas as persoas coas que falan os delegados e delegadas de SATSE dáselles un folleto informativo e explícaselles que Galicia atópase moi lonxe da media de países europeos ao ter 3,4 enfermeiras/os por 1.000 habitantes, mentres que en Europa é de 8,8. Necesítanse, por iso, máis de 8.824 enfermeiras e enfermeiros en Galicia para alcanzar, polo menos, a media europea.
 
Esta situación provoca, por exemplo, que a media de pacientes que son atendidos por un só enfermeiro ou enfermeira nun hospital é de ata 18 cando a cociente segura e adecuada non debería superar os oito pacientes, ou que nos centros de saúde estes profesionais teñan unha poboación asignada de ata 2.000 pacientes.
 
A nova recollida de firmas inclúese dentro da campaña de información e sensibilización social que, baixo o lema “A Sanidade que merecemos. Lei de cocientes enfermeiras”, SATSE está a desenvolver con numerosas accións, como a distribución de material informativo (carteis, folletos, adhesivos…) ou publicidade exterior (marquesiñas, valos…), e co inestimable apoio tamén de distintas personalidades españolas do mundo da cultura, deporte, comunicación… e responsables de organizacións enfermeiras de todo o mundo, asi como de multiples asociacións de pacientes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.