Aprazada a exhibición da Brilat e a Garda Civil en Ponte Caldelas polo mal tempo

Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Aprazada a exhibición da Brilat e a Garda Civil en Ponte Caldelas polo mal tempo

A exhibición da Brilat e a Garda Civil, prevista para hoxe,  día 19,  en Ponte Caldelas queda aprazada por mor do mal tempo. A data definitiva para os actos, cos que se ía celebrar o 210º aniversario da Batalla contra os franceses librada ás beiras do río Verdugo, anunciaranse oportunamente.

Aínda así, a Brilat estará en Ponte Caldelas os días 19 e 20 e fará noite no Pavillón dos Deportes para realizar unha andaina de adestramento polas beiras do Verdugo ata Ponte Sampaio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.