Aprobación da convocatoria de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas no concello de Cangas do Morrazo

Por o 13/02/2018 | Sección: Cangas,Galicia
Aprobación da convocatoria de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas no concello de Cangas do Morrazo

O Concello de Cangas vén de aprobar a convocatoria de subvencións para rexenerar edificios e vivendas na área de rehabilitación integral do municipio. Trátase dunhas axudas destinadas a cubrir os gastos de execución das obras co fin de adecualas á normativa vixente e sempre dentro dos ámbitos das áreas de rehabilitación do Concello de Cangas, segundo o establecido no acordo asinado entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Cangas.

Nas bases establécense como persoas beneficiarias ás “propietarias únicas de edificios de vivendas, ás propietarias de vivendas, ás comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, ás agrupacións de comunidades, aos consorcios e entes asociativos de xestión e ás persoas físicas ou xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións de rehabilitación, ou aos inquilinos autorizados”.

As solicitudes deberán presentarse en impreso oficial normalizado entre o 15 de febreiro e o 15 de abril de 2018. Cómpre salientar que as contías máximas das axudas non poderán exceder o 35% do custo subvencionable, habendo un máximo de 11.000 euros por cada vivenda. Ademais, deberanse determinar segundo o orzamento protexible da actuación. Os importes con cargo á Comunidade Autónoma serán de ata 4.000 euros por vivenda.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.