Aprobación definitiva do PERI de Sisalde. Moaña quere e precisa un centro de saúde.

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe o anuncio de aprovación definitiva do plan especial de reforma interior (PERI) que desenvovle o solo urbano non consolidado (SUNC) do polígono número 11 do Plan Xeral de Ordenación municipal, en Sisalde.
Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Galicia,Moaña

Aprobación definitiva do PERI de Sisalde. Moaña quere e precisa un centro de saúde.

O proceso de tramitación administrativa para desenvolver o Solo Urbano Non consolidado de Sisalde, onde se situará o futuro centro de saúde de Moaña, acadou un paso máis coa publicación no Diario Oficial de Galicia deste mércores do ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior (PERI) do polígono número 11 do Plan xeral de ordenación municipal.

Esta publicación permite que de forma inmediata se envíe ao Servizo de Urbanismo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o documento aprobado para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia e cumpre co establecido no artigo 88 da LSG e no artigo 209 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Simultaneamente estase a efectuar a notificación individualizada ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados dentro do ámbito, tal como se recollía no punto cuarto dos acordos plenarios de aprobación definitiva que se adoptaron no pleno ordinario celebrado o pasado 23 de xullo de 2.019.

Paso a paso, sen pausa, o goberno municipal segue adiante co compromiso adquirido ante a Plataforma da Sanidade de Moaña e da veciñanza en xeral de continuar coa tramitación administrativa que finalice coa urbanización desta zona seguindo o proxecto de urbanización que xa foi contratado e entregado polo equipo redactor.

Para o goberno municipal a posta a disposición do SERGAS da parcela de 2.066 m2, cunha edificabilidade de máis de 7.000 m2, é unha prioridade absoluta dentro do labor do goberno e efectuará a reserva orzamentaria correspondente para que sexa unha realidade o antes posible.