Aprobada a cesión de máis de 38 hectáreas para o novo Parque Forestal da Fracha

As comunidades de montes Tomeza, Marcón e Canicouva ceden por 30 anos o espazo no que se acondicionará o parque.
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Aprobada a cesión de máis de 38 hectáreas para o novo Parque Forestal da Fracha

O Concello de Pontevedra aprobou esta mañá a aceptación da cesión de terreos das comunidades de montes de Tomeza, Marcón e Canicouva que integrarán o maior parque forestal de Pontevedra, o da Fracha. Era un trámite necesario para sacar a contratación o proxecto valorado en 604.794,23 euros e que será cofinanciado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ao estar incluída dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) Máis modelo Pontevedra.

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías explicou esta mañá que se trata dunha cesión, de balde, por 30 anos. No caso da comunidade de Montes de Tomeza, é unha cesión de 78.900 mvalorados en 177.525 euros; en Marcón a cesión é de 128.900 m2 valorados en 1.501.115 euros; e na Canicouva achéganse ao novo parque 180.600 m2 cunha valoración de 270.900 euros.


A creación do novo parque forestal da Fracha inclúe o acondicionamento de tres áreas de descanso con plantación de árbores de sombra, recuperación de bosques de ribeira, limpeza de especies invasoras; posta a punto de 26,6 km de sendas, tratamentos antierosión dos terreos, etc. A entrada ao parque será polo aparcamento en Outeiro Navío (Marcón), onde chegan as vías asfaltadas.

O orzamento total do proxecto e de 2.704.794,23 euros xa que hai que sumar 60.000 euros/ano de mantemento.

Actuacións previstas

  • Revexetación forestal. Zonas A ou produtivas. 6.000 novos carballos
    • MARCÓN
      • 8 Ha de zona xa con plantación de frondosas.
      • Roza, limpeza manual, entresaca de plantas que non brotaron de máis de 7 anos
      • Plantación de 3.340 carballos
      • Colocación de rede perimetral para defender a plantación do gando
    • TOMEZA
      • 6,5 Ha de recuperación forestal
      • Roza e limpeza manual, entresaca e poda de plantas de máis de 7 anos
      • Plantación de 1.950 carballos
      • Colocación de rede perimetral para defender a plantación do gando
    • A CANICOUVA
      • 3,5 Ha que se propoñen para a súa roza e preparación para a plantación de 700 carballos
  • Áreas estanciais. Zonas B ou lúdicas. 500 novas árbores de sombra
    • MARCÓN – ÁREA DO OUTEIRO NAVÍO
      • 2 novos accesos en xabre de 280 metros e peche perimetral con valado de piñeiro
      • Reparación da fonte e nova traída
      • Colocación de 3 mesas accesíbeis
      • Explanación de terreo para unha figura área de interpretación
      • Plantación de 200 carballos, 50 castiñeiros e 30 catalpas
    • TOMEZA – ÁREA E MIRADOIRO DA REGHA PIREIRA
      • Novo acceso de 185 metros e peche perimetral con valado de piñeiro
      • 8 mesas accesíbeis e 2 bancos
      • Plataforma para o miradoiro
      • Plantación de 70 carballos, 20 castiñeiros, 8 catalpas e 30 bidueiros
    • A CANICOUVA – ÁREA E MIRADOIRO DO COUTO DAS FORCADAS
      • Novo acceso de 100m e peche perimetral con valado de piñeiro
      • Nova fonte e nova traída de augas
      • Panel indicador da situación no parque e informativos das vistas dende o miradoiro
      • Zona de miradoiro
        • 3 mesas e “os dous bancos máis bonitos de toda a Ría de Vigo”
        • Plantación de 60 carballos, 20 castiñeiros e 3 catalpas
  • Recuperación ambiental das beiras dos ríos. Eliminación de carballos e acacias e plantación de bosque de ribeira
    • Eliminación de acacias (invasoras) Traballo que que hai que facer en 40 Ha localizadas en 5 zonas diferentes.
      • Corta de 160.000 plantas e tratamento: 4 veces o 1º ano; 2 veces, o 2º; 1 vez, o 3º.
    • Reposición de especies de ribeira
      • Deben ocupar entre 3 e 5 veces ao longo do río. Ameneiros, sabugueiros, freixos, castiñeiros e bidueiros en marcos de 3×3. Carballos en marcos de 2×2
  • Recuperación, marcado e creación de sendas. 26,6 km
    • Sendas para bicicleta
      • Traxectos compatíbeis para circulación en bicicleta e camiñando, non para andar a correr coa bicicleta
    • Sendas para camiñar
      • Hai treitos coincidentes entre unhas e outras
      • Senda branca (1,6 km): suba ao Miradoiro de Outeiro Lourado que ten vistas das rías de Pontevedra e Vigo.
      • Senda amarela (2,6 km): vai pola contorna do Outeiro Navío. Doada de percorrer.
      • Senda verde (10,7 km): poden percorrerse en bici ou a andar. Xuntan as tres áreas estanciais
      • Senda Azul (4,7 km): vai da Regha Pireira ao Couto das Forcadas polo Chan da Pedradela.
      • Senda Vermella (7 km): A de maior dificuldade. Vai do Outeiro Navío á Pena Longa de Pintos. Non vai ter máis de un metro de largo e pretende ser, no futuro cando as árbores medren, unha “senda botánica”
  • Acondicionamento do Miradoiro do Outeiro Lourado
    • Instalarase unha plataforma para gozar das vistas sobre as rías de Pontevedra e Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.