O Concello de Vigo construirá de forma simultánea os cinco tramos do novo carril bici que unirá os barrios de Teis e Samil. O alcalde, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno da adxudicación provisional do contrato para facer realidade “unha das máis importantes obras que fixemos nunca” a través dunha único humanización.
A construción do carril bici, cunha lonxitude de 6 quilómetros, ten un prazo de execución de 12 meses e un importe de licitación de 5,89 millóns de euros. Segundo explicou o rexedor, arrancará na marxe esquerda da Avenida de Europa (en sentido centro) e discorre pola Avenida de Castelao ata a Praza de América, onde cruza a Camelia e Praza da Independencia. Desde alí chega á glorieta do Bicentenario, Venezuela, Pizarro e Travesía de Vigo para finalizar na parte baixa da rúa Bos Aires.
“Divídese en cinco tramos que se levará a cabo de forma simultánea, nalgunhas partes do percorrido inclúe a humanización da beirarrúa, como por exemplo a zona próxima á Praza da América ou Venezuela”, sinalou Caballero antes de aclarar que unha parte desta última rúa xa queda antes arranxada polo novo parque infantil.
O alcalde engadiu que esta obra é parte “da revolución urbana” que está vivindo Vigo e significa “recuperar zonas enteiras da cidade”. Puxo tamén como exemplo toda a beirarrúa esquerda da Avenida de Europa que actualmente está sen humanizar.
Noticias de última hora en Vigo