A Proposición non de lei presentada o pasado mes de decembro por Cidadáns instando o Goberno a definir a conexión do noroeste español como prioritaria, foi agora aprobada. Todos os grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados apoiaron a citada PNL, defendida polo deputado de Cidadáns, Ignacio Prendes, para instar o Goberno a defender en Bruxelas que o corredor atlántico reciba axudas comunitarias.
Dita PNL, explicou a portavoz de Cs en Galica, Olga Louzao, insta o Goberno “a definir a conexión do noroeste español como prioritaria, dentro da rede básica de corredores transeuropeos, defendendo ante a Comisión Europea a extensión do eixo atlántico de transporte a Asturias e Galicia”. O obxectivo desta petición é que “ditas rexións entren dentro dos nove eixos de transporte prioritarios para a Unión Europea e poidan optar aos fondos do plan “Conectar Europa””.
A portavoz autonómica ha mostrado a súa satisfacción por este logro por o“moito que supón para o desenvolvemento de Galicia e Asturias”, e é que, explicou Louzao: “o desenvolvemento destas 2 comunidades depende en parte deste corredor, que nos permitirá nun futuro mellorar a competitividade industrial complementada ademais, pola posición privilexiada e eficiente dos nosos portos”.
A tratarse de corredores con finalidade de sustentar tráficos internacionais, é polo que a U.E. contribúe cuns fondos que subvencionan parcialmente a confección destas tarefas, podendo contribuír ademais cun parte do investimento necesario para levalos a cabo.
Noticias de última hora en Vigo