Aprobada polo Parlamento a proposta de En Marea de bonificar o IBI para familias con rentas baixas

Publicado por o día 23/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

Aprobada polo Parlamento a proposta de En Marea de bonificar o IBI para familias con rentas baixas

A proposta de En Marea, o Parlamento galego instará á Xunta de Galicia a acordar coa Federación Galega de Municipios e Provincias unha solicitude conxunta ao Goberno deo Estado para modificar o artigo 74.2 da lei reguladora das facendas locais. O obxectivo é que os concelllos poidan aplicar unha bonificación de ata o 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a favor das familias con rendas familiares e modulable en función do valor catastral do inmoble.

A iniciativa (PNL) é a primeira aprobada nesta lexislatura logo de aceptar a enmenda plantexada polo PP que pedía un acordo previo coa FEGAMP e foi formulada por En Marea para protexer ás capas sociais máis desfavorecidas, pois segundo recolle o propio texto “a recadación do IBI foi o instrumento máis utilizados para facer fronte á caída de ingresos dos concellos e resulta moi prexudicial para os suxeitos pasivos que teñen unha peor situación económica”.


O encargado de defender a iniciativa, Antón Sánchez, denunciou as políticas do PP “consolidaron un sistema fiscal inxusto e regresivo, que nada ten que ver co que se recolle no Artigo 31.1 da Constitución” e destacou que a reforma fiscal da Lei Montoro beneficiou sobre todo ás rendas altas.

Pregunta sobre Ferroatlántica

Na mesma sesión plenaria, na quenda de preguntas formuladas ao Presidente da Xunta, En Marea interpelou a Núñez Feijóo sobre o futuro das plantas de Cee e Dumbría da empresa Ferroatlántica. “Adoptará as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación de actividades por parte de Ferroatlántica?” preguntou o portavoz de En Marea, en referencia á competencia exclusiva da Xunta sobre o réxime administrativo de concesións de produción hidroeléctrica de Ferroatlántica.

En Marea que votou en contra da proposición para Ferroatlántica presentada polo PPdeG no mesmo pleno por considerala “publicidade e propaganda para un conflito ao que Feijóo respondeu esta mesma mañá botando balóns fóra, ao dicir que a Xunta non se pode pronunciar sobre un rumor”.

“Se permite a segregación, a industria pechará, e Cee e Dumbría rematarán por ser unha gándara sen esperanza de futuro”, dixo Luís Villares na súa intervención, que aproveitou para esixirlle ao presidente da Xunta que “reciba aos traballadores, os escoite, se poña da súa parte e defenda o seu País”.