Aprobada a proposición de En Marea para o aborto seguro e libre para as mulleres de 16 e 17 anos

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, conseguiu que se aprobase esta iniciativa na Comisión de Igualdade con 19 votos a favor, 14 en contra e 4 abstencións
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de En Marea,Política

Aprobada a proposición de En Marea para o aborto seguro e libre para as mulleres de 16 e 17 anos

Madrid, 12 de decembro de 2017. O Congreso aprobou este martes a iniciativa de En Marea relativa ao aborto seguro e libre para as mulleres de 16 e 17 anos, co apoio do PSOE, o voto en contra do PP e a abstención do PNV e Ciudadanos.

“Gustaríanos que esta iniciativa formara parte do Pacto de Estado contra a violencia machista. A reforma do PP deixou as mulleres de entre 16 e 17 sen dereito a decidir sobre os seus propios corpos, e hoxe con esta PNL conseguimos mudar esta situación”, asegurou a deputada Ángela Rodríguez.

A parlamentar de En Marea explicou que desde este grupo xa intentamos ampliar no Pacto de Estado contra a violencia de xénero a garantía con estos dereitos, pero “atopámonos con que era imposible chegar a un acordo porque o PP vetou a posibilidade de que esta medida aparecese no Pacto de Estado”.

“Paréceme importante que teñamos este debate aquí e que sexamos as mulleres desta cámara as que pensemos como podemos mellorar a lei, que debe ser o suficientemente garantista como para que todas as mulleres do noso país poidan exercer os dereitos sexuais e reproductivos con garantías plenas”, asegurou.

A deputada tamén celebrou a aprobación, gracias a unha emenda do noso grupo, da iniciativa para impulsar unha Lei Integral contra as violencias sexuais.