Aprobada proposta do PSdeG para pedirlle á Xunta 70.000 euros para recuperar os bivalvos na Ría de Ferrol

Publicado por o día 30/11/2018 na sección de Ferrol,Galicia,Política,PSOE

Aprobada proposta do PSdeG para pedirlle á Xunta 70.000 euros para recuperar os bivalvos na Ría de Ferrol

A portavoz socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, trasladou esta mañá o apoio as mobilizacións realizadas polos traballadores do medio e pediulle ao Director Xeral da compañía que “escoitase” pois nunha negociación un non se pode limitar “unicamente a falar” e atenda así as demandas postas sobre a mesa. Así o dixo no debate dunha iniciativa parlamentaria en Comisión parlamentaria.

A deputada socialista sinalou que eses seis meses de loita son “seis meses de loita contra o desmantelamento, a manipulación e o incumprimento da lei”, “seis meses a favor da pluralidade e a dignidade nos medios públicos” e “seis meses de compromiso co servizo público e coa sociedade galega” mentres que a dirección leva “seis meses mirando a outro lado” ante un “Black Friday” que liquida e traspasa os medios a compracencia do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo.

Recordou así as “históricas mobilizacións” do 8 de setembro que culminaron cunha gran manifestación en Santiago de Compostela. Denunciou que nas novas mobilizacións convocadas nas próximas semanas, que consistirán en 7 días de paros parciais e dúas folgas de 24 horas o 19 e o 22 de decembro, os servizos mínimos impostos novamente pola dirección son “abusivos”, ao igual que “os que o TSXG anulou respecto a folga do 8-M” por pretender manter a programación habitual, como se nada pasara”.

A portavoz socialista lamentou que diariamente saian novas noticias negativas en relación a CRTVG, recordando como nos últimos meses continuou a manipulación informativa, elimináronse as conexións locais da RG, a supresión do Diario Cultural ou os graves problemas técnicos. Pero incidindo sobre todo na represión aos traballadores, destacando o caso de Tati Moyano e Carlos Giménez, ao cal lle mandou o apoio do Grupo Socialista polo recente expediente disciplinario.

Manipulación

Noela Blanco presentou tamén unha pregunta logo da censura nos medios públicos da información sobre a sentenza condenatorio do TSXG que deixaba en evidencia o procedemento irregular da Consellería de Educación para favorecer a incorporación dunha docente, emparentada coa Secretaria Xeral de Igualdade, coa creación a súa medida dunha praza na “Escuela de Restauración de Bens Culturais de Galicia”.

A representante socialista sinalou a “gravidade” da sentenza na que se indica a torcida actuación do Goberno galego, e que motivou dúas preguntas urxentes no Pleno por parte da deputada socialista Maria Pierres. Criticou que a noticia nunca se emitira pola CRTVG, e que só os medios privados falaron do “nepotismo da Secretaria Xeral de Igualdade” pois os medios públicos “están sesgados por un criterio claramente político favorable ao Goberno da Xunta”.