Aprobada unha PNL de En Marea para aumentar as prestacións por desemprego

Publicado por o día 02/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

Aprobada unha PNL de En Marea para aumentar as prestacións por desemprego

O Congreso dos Deputados instará ó Goberno a que dote dos recursos suficientes as prestacións por desemprego tras aprobarse a Proposición Non de Lei (PNL) presentantada pola deputada de En Marea por A Coruña, Yolanda Díaz.

A proposición pide ó Goberno que se dote dos recursos suficientes para protexer ás personas, para que a cidadanía teña un emprego ou no seu lugar, unha protección social suficiente que lles permita unha vida digna.

Ademais, a PNL insta ó Goberno a recuperar ó longo da lexislatura o nivel de cobertura anterior á gran recesión, recuperando o nivel de dotación de recursos ó sistema, modificando tanto os criterios de acceso ó mesmo como os parámetros que definen as prestacións, dando prioridade ós colectivos en maior risco de vulnerabilidade e mellorando a cuantía das prestacións.

Para esta cuestión, a iniciativa empleza a derogar o RDL 20/2012 reestablecendo a situación legal anterior ó 13 de xullo de 2012.

Despois dun acordo do PSOE, esta PNL inclúe dúas enmendas propostas polo grupo socialista.

Entre outras cuestións, destaca a necesidade de restablecer o subsidio por desemprego para maiores de 52 anos nas condicións previamente existentes ás reformas de 2012 e 2013.

Ademais, ínstase ó Goberno a adoptar medidas lexislativas que permitan un subsidio especial por desemprego a persoas desempregadas que teñan responsabilidades familiares ou leven inscritas como demandantes de emprego un prazo de doce meses nos últimos dezaoito.

Asimesmo, tamén terán dereito a este subsidio especial por desemprego as mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas cunha minusvalía en grao igual ou superior ó 33%.