A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a concesión da liña de subvencións para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2017/2018, denominadas escolas deportivas. A contía total de subvención é de 140.894,72 euros, repartidos en tres liñas: para as anpas, para grupos especiais, e a convocatoria xeral.
A axuda global concedida ás anpas (5 entidades) do rural é de 14.200 euros; a dos grupos especiais (4 entidades) é de 8.674,72 euros; e a convocatoria xeral (31 entidades) é de 118.020 euros.
A Xunta de Goberno tamén aprobou esta mañá o convenio de colaboración económica coa Federación Española de Balonmán para a celebración do Trofeo Domingo Bárcenas e o Campionato de España de seleccións territoriais de balonmán nas categorías de infantil, cadete e xuvenil que se celebraron na cidade neste ano, por valor de 100.000 euros.
Noticias de última hora en Vigo