Aprobadas contratacións municipais no concello de Pontevedra por case 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno aproba a contratación da mellora do núcleo da Peralba, en Marcón, e dun local social na Canicouva
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Aprobadas contratacións municipais no concello de Pontevedra por case 1,2 millóns de euros

O Concello de Pontevedra aprobou esta mañá distintos expedientes de contratación por valor de case 1,2 millóns de euros para completar as dotacións sociais nas parroquias, mellorar a seguranza viaria no rural e completar o equipamento do servizo de bombeiros.

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación da mellora da accesibilidade ao núcleo da Peralba, na parroquia de Marcón; un dos poucos núcleos da parroquia que aínda quedan por mellorar. A licitación da obra é de 163.993,45 euros.

Ademais, tamén aprobou a compra dun vehículo de rescate en altura (con escaleira) para o servizo de extinción de incendios. O custe do camión está valorado en 830.000 euros e o prazo de entrega será de 10 meses, xa que hai que encargalo e montalo.

Finalmente, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén o expediente de contratación da creación dun pequeno local social no lugar de Cacheiro, na parroquia da Canicouva, por valor de 199.976,75 euros.