Apróbase a moción urxente de En Marea no Congreso para a rexeneración das rías galegas

O obxectivo desta iniciativa é promover o saneamento e a actuación integral sobre as rías galegas.
Publicado por o día 22/06/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

Apróbase a moción urxente de En Marea no Congreso para a rexeneración das rías galegas

A moción urxente presentada por En Marea, e defendida no Congreso dos Deputados polo voceiro Antón Gómez-Reino, saiu adiante cos votos a favor do grupo confederal Unidos Podemos- En Comú Podem- En Marea, do PSOE, EH Bildu, PDeCat, Compromís, ERC e Ciudadanos.

A moción votouse por puntos e todos saíron adiante a excepción do punto número dous, dado que o PSOE e Ciudadanos votaron en contra.

Curiosamente, o punto número dous da moción, que non foi aprobado, fala de “garantir o cumprimento das resolucións xudiciais e o respeto á legalidade vixente nos casos de empresa celulosa Ence e a empresa gasística Reganosa, de cara ao seu peche e retirada das instalacións nas súas actuais ubicacións nas rías de Pontevedra e Ferrol”.

O resto dos puntos da moción saíron adiante por 204 votos a favor, 135 en contra e 6 abstencións.

Nos 8 puntos restantes, a moción defende que se cumpra a normativa europea, que se inclúa nos orzamentos xerais do Estado as accións precisas en materia de tratamiento de residuos y saneamiento ou que se asuma un compromiso de Estado coas rías galegas como factor chave do desenvolvemento de Galicia.

Ademais, esta moción pide que se comuniquen todas as iniciativas e estudos para abordar a xestión ambiental das Rías, así como poñer en marcha un proceso de diálogo e negociación entre as diferentes administracións implicadas na xestión das rías de xeito directo ou indirecto.

Con esta iniciativa de En Marea tamén se reclama unha identificación dos principais riscos ambientales existentes, así como definir os plans de evaluación da situación ambiental e implementar os plans estratéxicos de xestión integrada das Rías galegas que incorporen o deseño e redeseño institucional e obxectivos de resiliencia ambiental e ecolóxica, sostíbel e desenvolvemento socio-económico.

“Gustaríanos que de verdade houbese un compromiso coa importancia da rexeneración das rías para Galicia. Polo seu inmenso valor ambiental, económico, de emprego, de calidade alimentaria ou turística. É importante que comprendan a importancia da mesca e do marisqueo na nosa economía”, insistiu Gómez-Reino na súa intervención.

O voceiro de En Marea no Congreso insistiu en que esta moción está dirixida a preservar un tesouro que debería ser inesgotable, apunta aos seus principais problemas de contaminación:

* O defectuoso tratamento das augas residuais.

* Os vertidos incontrolados de residuos industriais

* A falta de saneamento das rías.

Gómez-Reino pediu no Congreso que se actúe nos foco de contaminación, o que significa que o Goberno “cumpra e faga cumprir a lexislación”, en referencia á contaminación extrema de ENCE e Reganosa, após as sentencias xudiciais.

Ademais de atacar os focos de contaminación “precisamos  inversión para o saneamento das rías” e por agora constatamos “a completa falta de compromiso de inversión en orzamentos no 2017, e a falta de execución”.

“Todos os anos prometen inversións para a rexeneración das rías que non se materializan”, asegurou Gómez-Reino ao Goberno.