Aqualia premia a doce alumnos vigueses polas súas propostas dun ‘planeta perfecto’

No marco do Día Mundial da Auga entréganse os premios da XVI Edición do Concurso Dixital infantil Internacional de Aqualia
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Aqualia premia a doce alumnos vigueses polas súas propostas dun ‘planeta perfecto’

Un ano máis, a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga, Aqualia, e o Concello de Vigo, realizou a entrega de premios do Concurso Dixital Infantil Internacional coa participación de preto de 300 escolares, compañeiros dos 12 premiados nesta XVI edición de “Auga para Grifus”. No acto participou o Alcalde de Vigo, Abel Caballero e o concelleiro de Fomento, Javier Pardo.

Un encontro que comezou coa entrega de premios do concurso de debuxo dixital. Este ano proponse aos máis pequenos que debuxen, baixo a súa propia perspectiva, como é a súa contorna, cheo de cor e de vida, grazas á auga potable que chega ás súas casas, parques, cidades, etc. Preténdese chamar a atención sobre a importancia de dispoñer de auga en calidade e cantidade e sobre o traballo que supón tomar a auga da natureza e levala ata os seus fogares.

“O obxectivo deste concurso, que xa vai por dezasete edicións, é o de aprender dunha forma divertida cal é o ciclo integral da auga e concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de realizar un consumo responsable dun ben tan prezado como é a auga. Nesta edición, os nenos e nenas plasmaron o seu coñecemento sobre como chega a auga ata a billa nun entorno dixital, xa que tiñan todos os materiais ao seu alcance na páxina www.augaparagrifus.gal. En definitiva, trátase de aprender xogando” asegura José María Ardoy, Director de Aqualia en Vigo.

Os nenos deixaron voar a súa imaxinación creando cidades con depuradoras de auga, potabilizadoras, decantadores.. destacando en todo momento a presenza da natureza e un entorno verde.

O certame contou con máis de 8.000 participacións en toda España e dos 10 gañadores individuais atópase un escolar vigués:

Desde a organización do certame apuntan que o obxectivo é que os máis pequenos valoren que “ter auga en casa non é una tarefa sinxela. Detrás do xesto de abrir a billa, hai unha importante labor para que chegue ás nosas casas, hospitais ou industrias en óptimas condicións para o seu consumo. Que coñezan todas as fases que compoñen o ciclo integral da auga.

Dimensión internacional

O Concurso, que alcanza este ano a XVII edición, ten dimensión internacional. Ademais de en España, convócase en Portugal, Italia e República Checa, países nos que Aqualia está presente xestionando o ciclo integral da auga en varios municipios e territorios. O Concurso Dixital Infantil Internacional é xa un referente para os municipios nos que Aqualia está presente. Desde a organización do certame sinalan que “estamos orgullosos de cumprir
17 anos. A colaboración cos centros escolares e os concellos no desenvolvemento desta acción é extraordinaria e cada ano vai a máis”.