O Concello de Vigo e Aqualia, empresa concesionaria do ciclo integral da auga en Vigo, realizarán mañá a entrega de premios da XV Edición do Concurso Dixital infantil Internacional de Aqualia, baixo o lema “¡Misión Depuración!”.
O acto celébrase no marco do Día Mundial da Auga e terá lugar mañá martes 10 de abril no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n) ao que acudirán máis de 250 escolares de Educación Primaria, compañeiros de clase dos alumnos premiados.
O acontecemento dará comezo as 11:00 horas cun grupo de teatro que representará unha obra enfocada nas sinxelas actitudes diarias que poden adoptar os nenos e nenas para aforrar auga nos seus fogares. A entrega de premios se celebrará ás 12:00 horas coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero e o concelleiro de Fomento, David Regades. Por parte de Aqualia estará presente o Director Rexional, José Luís García Ibáñez e o Director de Vigo, José María Ardoy.
Dimensión internacional
O Concurso, que alcanza este ano a XV edición, ten dimensión internacional xa que ademais de en España, convócase en Portugal, Italia e República Checa, países nos que Aqualia está presente xestionando o ciclo integral da auga en varios municipios e territorios.
Noticias de última hora en Vigo