Arde a parroquia de Moreiras no concello ourensán de Toén

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe.
Publicado por o día 07/08/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Arde a parroquia de Moreiras no concello ourensán de Toén

Incendio no concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras

#IFToénActivo dende as 17,40 h. da tarde de onte un incendio no concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Imaxes da Asociación de Traballadores das BRIF pertencentes ao Ministerio para a Transición Ecolóxica [@AT_Brif] e o Reto Demográfico e do Diario dun Bombeiro [@BrifLaza].https://www.noticiasvigo.es/arde-a-parroquia-de-moreiras-no-concello-ourensan-de-toen/

Publicada por Noticias de Vigo en Viernes, 7 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 20,00 h. de hoxe.

Toén

Activo dende as 17,40 h. desta tarde un incendio no concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 1 técnico, 2 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 9 avións e 9 helicópteros. Ademais, solicitouse a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Muíños

Activo dende as 13,20 h. desta tarde un incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, no mesmo lugar onde quedaran extinguidos outros dous lumes esta pasada madrugada. O incendio afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e, segundo as últimas estimacións, rolda as 20 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 1 axente, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

Lobeira

Segue estabilizado dende as 12,05 h. deste mediodía o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 4 avións e 2 helicópteros.

Viana do Bolo

Controlado ás 19,27 h. desta tarde o incendio forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 54 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.