Arde case por completo unha vivenda de Culleredo sen causar feridos

Por o 29/05/2019 | Sección: Sucesos
Arde case por completo unha vivenda de Culleredo sen causar feridos
Compartir en:

Un incendio calcina case por completo unha casa da Avenida de Hermida, en Culleredo.

Por fortuna, a persoa que estaba no interior no momento de producirse o lume saíu do inmoble e resultou ilesa.

Foron varios os veciños, e mesmo persoal do Aeroporto da Coruña, quen alertaron do suceso mediante as súas chamadas ao 112 Galicia cando se aproximaba a unha da tarde. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Arteixo e aos membros do Servizo Local de Protección Civil co obxectivo de atallar as chamas. Con todo, o incendio rematou por calcinar case por completo a vivenda sen causar feridos.

Os danos provocados polo lume foron importantes, de feito, chegaron a colpasar algunhas paredes.

Cómpre sinalar que o operativo formado para a extinción do incendio completouse coa colaboración dos axentes da Policía Local.

Incendio nunha nave en San Cibrao

Por outra banda, o 112 Galicia tivo coñecemento esta tarde doutro incendio, neste caso, no interior dunha nave de madeiras situada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.

Tampouco na localidade ourensá houbo que lamentar danos persoais e o lume foi sufocado por parte do persoal da empresa e o apoio dos bombeiros do polígono e do GES de Pereiro de Aguiar.

Finalmente, o incendio quedou confinado nun silo sen chegar a afectar a nada máis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.