Arde parte dun camión na A-55 á altura de Mos

Publicado por o día 27/04/2020 na sección de Galicia,Mos,Sucesos

Arde parte dun camión na A-55 á altura de Mos

Un incendio declarado a pasada noite nun camión na A-55 á altura de Mos deixou danos vehículo, sen que se rexistrasen danos persoais. Concretamente, o lume queimou a cabina por completo e parte do remolque.

Os feitos sucederon na saída 8B da autovía, ao fío das 22:35 horas, e foi necesario interromper o tráfico neste tramo en sentido a Vigo.

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, á Garda Civil de Tráfico, ao Servizo Municipal de Emerxencias, ao servizo de mantemento da vía e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Policía Local de Vigo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado ás 00:25 horas. Por outra banda, o camión foi retirado e a saída 8B aberta á circulación ás 07:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.