Arde parte dunha vivenda en Gondomar sen causar danos persoais

Publicado por o día 17/04/2019 na sección de Galicia,Gondomar,Sucesos

Arde parte dunha vivenda en Gondomar sen causar danos persoais

Un incendio arrasou parte dunha vivenda no lugar de Chaín, en Gondomar.

Malia a que a casa está habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido pouco tempo despois.

Os feitos ocorreron ás nove da noite de onte, cando uns traballadores percibiron o incendio e chamaron decontado ao 112 Galicia. A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou aos Bombeiros do Porriño e aos membros do GES de Val Miñor co fin de atallar as chamadas que se concentraban na zona do tellado.

Preto das once da noite, os efectivos de emerxencias deron por extinguido o incendio, que causou importantes danos no faiado, cociña, paredes e falso teito. Posiblemente, as causas sexan un cortocircuito nun electrodoméstico, aínda que continúan as pesquisas.

Ademais, como medida preventiva, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, pero, afortunadamente, ninguén resultou ferido. Do mesmo xeito, este operativo completárono os axentes da Policía Local.

Danos materiais nunha nave industrial en Pontecesures

Por outra banda, un incendio declarado a pasada tarde nunha nave industrial en Pontecesures provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as lapas calcinaron un túnel que conecta cunha cámara destinada á aspiración de pintura.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio ao fío das 19:15 horas, a través da chamada dunha persoa particular. No seu relato indicaba que ningunha persoa estaba afectada.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilagarcía, ao GES de Valga e á Garda Civil. Ademais, por precaución, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias.

Xa no punto, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que fora o propio persoal da empresa quen sufocara o incendio, polo que permaneceron no lugar dos feitos realizando tarefas de arrefriamento na zona afectada.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.