Arde por completo a planta baixa dunha vivenda en Pontedeume

Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Sucesos

Arde por completo a planta baixa dunha vivenda en Pontedeume

A parte baixa dunha casa ardeu, na súa totalidade, a pasada noite en Centroña, no municipio coruñés de Pontedeume.

O 112 Galicia recibiu, na medianoite de onte, a chamada do propietario dunha vivenda da que comezaba a saír fume. Nese mesmo intre, os xestores do Centro Integral de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros do Eume, á Garda Civil e aos membros da Agrupación de Protección Civil da localidade.

Debido ao difícil acceso para os vehículos de extinción á vivenda, situada no lugar de Caldagueiro, os Bombeiros solicitaron o apoio de medios de localidades veciñas. Así, interviñeron os membros de Protección Civil de Betanzos, que lles transvasaron auga ás dotacións do lugar.

Finalmente, os Bombeiros do Eume confirmaron que o lume calcinou o soto da casa, no que tamén ardeu maquinaria agrícola e leña. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.