Arde por completo unha casa deshabitada en Alfoz

Publicado por o día 10/02/2020 na sección de Sucesos

Arde por completo unha casa deshabitada en Alfoz

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa deshabitada en Alfoz provocou que a vivenda ardese na súa totalidade. Sucedeu no lugar de Agrela, na parroquia de Lagoa.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dos axentes da Garda Civil, ao fío das 4:55 horas.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo.

Arestora, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia teñen practicamente sufocado o incendio e están arrefriando as zonas afectadas.