Arde tractor en Tomiño

Un incendio calcinou a pasada tarde un tractor cando realizaba traballos de limpeza no lugar de Vilachán, no concello de Tomiño.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, as lapas calcinaron, completamente, o tractor. Así o indicaron os Bombeiros de Baixo Miño e os membros do GES de Guarda, nada mais rematar coas tarefas de extinción.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume, pasados uns minutos das 20:30 horas desta madrugada. O propio condutor do vehículo, a esa hora, foi quen alertou do suceso aos xestores do 112 quen, a partir de aí, puxeron axiña en alerta aos Bombeiros, ao GES, á Garda Civil e Policía local.

Compre destacar que o 112 Galicia informou tamén aos Bombeiros de Vigo e aos voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM