Arde un camión na AP-9 á altura de Vigo

Publicado por o día 05/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Arde un camión na AP-9 á altura de Vigo

Un camión ardeu parcialmente esta mañá na AP-9, á altura de Vigo, concretamente no punto quilométrico 160 sen que, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a circulación na vía se vise condicionada.

Os feitos ocorreron uns minutos antes das 11:20 horas. Nese momento, o propio camioneiro púxose en contacto co 112 Galicia para alertar de que lle ardía o vehículo.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Unha vez no lugar do incendio, os servizos de emerxencia sufocaron o lume e arrefriaron a zona.