Arde un coche na AP-9 ao seu paso por Vigo

Publicado por o día 02/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Arde un coche na AP-9 ao seu paso por Vigo

Un incendio declarado esta mañá nun turismo que circulaba pola AP-9, á altura de Vigo, provocou danos no vehículo, sen que se rexistrasen danos persoais.

Os feitos sucederon no punto quilométrico 157 da autoestrada, en sentido Norte.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do que estaba a suceder ás 8:45 horas.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade e ao servizo de mantemento da autoestrada.

Unha vez finalizadas as labores de extinción do lume, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo confirmaron ao 112 Galicia que o coche ardera case por completo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.