Arde un garaxe con material combustible no seu interior no Barco de Valdeorras

Publicado por o día 02/04/2018 na sección de Sucesos

Arde un garaxe con material combustible no seu interior no Barco de Valdeorras

Un incendio declarado nun garaxe esta tarde no Barco de Valdeorras provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo puido coñecer o 112 Galicia, no local almacenábase gasóleo, madeira, plásticos  e diverso material combustible que dificultou as labores de extinción do lume.

Os feitos tiveron lugar na rúa Ribeira, á altura do número 9. Un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio ás 15:35 horas.

Decontado, dende o CIAE informouse da situación aos Bombeiros de Valdeorras, a Protección Civil, á Policía Local e ao GES de Valdeorras.

Neste momento, o incendio atópase controlado. Os servizos de emerxencia encárganse, agora, de baixar a temperatura e retirar os cascallos da zona afectada.