Arde un iate no recinto dun estaleiro en Moaña

Os servizos de emerxencia traballan na extinción dun incendio declarado nun iate situado nunha rampla exterior do recinto dun estaleiro en Moaña, sen que se teña constancia de danos persoais. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os Bombeiros do Morrazo tratan de evitar que a auga empregada no control do lume arrastre sustancias contaminantes ao mar.

Os feitos ocorren na Xunqueira e foron os Bombeiros do Morrazo os que alertaron do incendio ao 112 Galicia ás 11:30 horas.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, á Policía Local, á Garda Civil, a Protección Civil de Moaña e ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, arestora o incendio atópase controlado.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario