Arde un pendello en Gondomar

Publicado por o día 29/05/2020 na sección de Galicia,Gondomar,Sucesos

Arde un pendello en Gondomar

Un incendio declarado no interior dun pendello provocou que a construción ardese por completo, sen que se rexistrasen danos persoais.

Sucedeu en Gondomar, no lugar de San Ciprián e, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a causa do incendio foi unha tixola esquecida ao lume nunha cociña.

Foi unha persoa particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia ás 18:25 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao GES do Val Miñor, aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o incendio quedou sufocado preto das 20:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.