Un incendio arrasou esta madrugada unha casa ocupada diariamente por indixentes, en Meicende, na localidade coruñesa de Arteixo.
Afortunadamente, ninguén resultou ferido. Segundo relataron os veciños, o único indixente que ocupaba o inmoble, neses intres, puido saltar pola fiestra, tras propagarse as lapas.
Os Bombeiros de Arteixo que se desprazaron ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia, indicaron que o lume foi extinguido pero algún punto que quedaba activo no interior do inmoble seguiría ardendo durante a noite ao non poder acceder por risco de derrube.
Foron varios alertantes que, ao fío da 01:30 horas desta madrugada, alertaron ao 112 Galicia. Indicaban que ardía unha casa, que vían saír lapas polo tellado da mesma, na Travesía de Meirás. A partir de aí, o 112 Galicia pasou de inmediato aviso aos membros de extinción, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, por se nalgún momento fose precisa a súa intervención.
Noticias de última hora en Vigo