Un incendio declarado a pasada noite nunha casa en Sober, concretamente no lugar de Barantes de Arriba, provocou que a vivenda ardese por completo e que o propietario fose trasladado, por precaución, a un centro médico.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 3:45 horas, a través da chamada dunha persoa particular.
Decontado, desde o 112 Galicia se requiriu a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias.
A partir de aí, os servizos de emerxencias traballan arreo para sufocar o incendio, que se reavivou durante as primeiras horas desta mañá.
Noticias de última hora en Vigo