Arde unha cubeta con material electrónico no punto limpo de Valga sen risco de propagación

Publicado por o día 22/09/2019 na sección de Sucesos
Arde unha cubeta con material electrónico no punto limpo de Valga sen risco de propagación

Un incendio no punto limpo de Valga mobilizou este mediodía aos medios de extinción.

Ata o lugar desprazáronse nada mais recibir a alerta do 112 Galicia os Bombeiros de Vilagarcía e os de Ribadumia ademais dos membros do GES de Valga e dos axentes da Garda Civil.

Pasados uns minutos das 12:30 horas, recibíase no 112 Galicia a chamada de varios particulares que informaban de fume denso e negro pola zona do punto limpo, na zona do Coto. Foi a partir dese momento cando os xestores de emerxencias puxeron en alerta aos servizos de extinción.

Unha vez no lugar,os membros do GES comprobaron que o que ardía era unha cubeta con material electrónico no interior do punto limpo e descartaron o risco de propagación.

Tras sufocar as lapas, os Bombeiros arrefriaron a zona e confirmaron que ardera a cubeta na súa totalidade sen afectar a nada mais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.