Arde unha habitación dun piso en Arteixo e ninguén resulta afectado

Publicado por o día 19/02/2018 na sección de Sucesos

Arde unha habitación dun piso en Arteixo e ninguén resulta afectado

Os Bombeiros de Arteixo apagaron este mediodía un lume rexistrado nun piso dun edificio da Travesía de Meicende, en Arteixo (Coruña). Afortunadamente, ningún dos inquilinos se viu afectado, iso si, segundo indicaron os Bombeiros, un can puido ser rescatado san e salvo do interior do inmoble polos profesionais de extinción.

Sobre as 14:00 horas un particular alertou ao 112 Galicia dun estoupido e da saída de fume da fiestra dun ático dun edificio de tres andares. Foi a partires dese momento, cando os xestores do 112 puxeron en alerta aos membros de extinción do parque comarcal, que axiña se desprazaron ao punto. Tamén informaron da situación á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez extinguido o lume e ventilado o piso, os Bombeiros comunicaron ao persoal do 112 Galicia que a orixe do lume foi nunha habitación situada ao carón da cociña e que ardeu na súa totalidade. Ademais, o calor afectou ao corredor, e o fume, ao resto da vivenda.

Os inquilinos que abandonaran o inmoble nada mais decatarse do lume, regresaron ao mesmo  nada mais  ser extinguido o lume.