Arde unha habitación dunha vivenda en Vigo

Publicado por o día 29/12/2017 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Arde unha habitación dunha vivenda en Vigo

Un incendio declarado nunha casa en Vigo provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Os feitos ocorreron na Avenida Aeroporto, no número 606.

Foi o propietario da casa quen alertaba do incendio ao 112 Galicia ao fío das 17:30 horas. Indicaba que tiña a vivenda chea de fume e que non podía acceder ao interior. Engadía no seu relato que ningunha persoa se atopaba dentro da casa.

A partir de aí, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no lugar do incendio, a dotación sufocou o lume, que deixou unha habitación totalmente calcinada.