Arde unha locomotora nunha nave ao carón da estación do tren de Baños de Molgas

Publicado por o día 01/09/2019 na sección de Sucesos

Arde unha locomotora nunha nave ao carón da estación do tren de Baños de Molgas

Os servizos de emerxencias traballan, a esta hora, na extinción dunha locomotora que se incendiou nunha nave, ao carón da estación de tren de Baños de Molgas. A máquina estaba parada polo que, de momento, non hai constancia de que houbese persoas afectadas.

Foi un particular quen, ás 18:00 horas, alertou ao 112 Galicia. Indicaba que vía saír fume do interior dunha nave, ao lado da estación do tren. A partir dese momento, os xestores de emerxencias avisaron de inmediato aos Bombeiros de San Cibrao e aos membros do GES de Pereiro de Aguiar. Do mesmo xeito, deron conta dos feitos á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Molgas.

Tamén foron avisados os técnicos de ADIF Emerxencias, que tras indicar que se procedía a extinguir as lapas, confirmaron que o incidente non afectaba á circulación de trens, ao atoparse en vías sen circulación.