Arderon vehículos e material de refugallo almacenado na nave calcinada esta mañá en San Cibrao das Viñas

Publicado por o día 02/09/2018 na sección de Sucesos

Arderon vehículos e material de refugallo almacenado na nave calcinada esta mañá en San Cibrao das Viñas

Varios vehículos, un compresor de aire y diverso material de refugallo é o saldo do incendio declarado esta mañá nunha planta de reciclaxe situada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.

Ocorreu este mediodía e ata o lugar acudiron os bombeiros da localidade, de Ourense e os membros do GES de Pereiro de Aguiar. Desde as 12, cando o 112 Galicia recibiu a primeira chamada de alerta dun veciño, ata pasadas as dúas da tarde, os recursos de emerxencias traballaron para apagar o lume que, ademais de calcinar o contido, afectou á nave e mesmo á parede lindeira con outra nave.

Por fortuna, ninguén resultou feridos e tampouco se produciron danos na contorna. Con todo, os efectivos de emerxencias voltarán a facer novas revisións debido á carga térmica alcanzada no lugar e que podería provocar fume.