Área metropolitana, transporte metropolitano e a “curiosa” interpretación que o PP de Redondela fai das sentenzas xudiciais

Esta sentenza non suspende a constitución da Asemblea da Área Metropolitana polo problema do Transporte Metropolitano, senón polas ilegalidades/irregularidades na designación de representantes de Gondomar e Moaña que provoca que non sexa válida a mesa de idade e todo o posterior
Publicado por o día 11/04/2017 na sección de AER,Galicia,Política,Redondela,Vigo

Área metropolitana, transporte metropolitano e a “curiosa” interpretación que o PP de Redondela fai das sentenzas xudiciais

Desde AER no dan entendido por que o goberno municipal do PP alardea coa recente resolución xudicial sobre Área Metropolitana, pois esta sentenza non suspende a constitución da Asemblea da Área Metropolitana polo problema do Transporte Metropolitano, senón polas ilegalidades/irregularidades na designación de representantes de Gondomar e Moaña que provoca que non sexa válida a mesa de idade e todo o posterior. Esta circunstancia pon de relevancia o erro neste senso cometido polo PSOE e BNG, pero sobre todo debería ser unha chamada de atención para os Secretarios deses Concellos que deron os informes favorables a esas designacións.

A sentenza, sobre o transporte metropolitano di ben claro: “En realidad, el tenor de la Disposición Adicional 11 no supedita la constitución de la Asamblea del Área a dicho condicionante. La Ley no expresa que sólo se pueda convocar la asamblea constituyente una vez se haya producido la integración del transporte, y ello es lógico porque, ciertamente, algún órgano administrativo tendrá que constatar y adverar que ese requisito se ha cumplido, dando vía libre al funcionamiento de la institución, y ese órgano bien podría ser la propia Asamblea, una vez constituida válidamente por primera vez”, manifestan desde a Agrupacion de Electores de Redondela.

Os membros do Partido Popular, aínda que si protestaron, non abandonaron a asemblea por estas designacións mal feitas, abandonaron a sesión, e incluso barallaron dous días antes non acudir a ela, porque consideraban que Vigo non estaba integrado no transporte. AER, que estivo alí ben presente, pode confirmalo. Posteriormente, un mes despois, si que comezan a pronunciarse sobre a ilegalidade das designacións na resolución da Xunta onde se denegou a inscrición da Área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais. Na propia acta certificada da asemblea constituínte recóllese:

“A presidencia da Mesa de Idade comunica á Asemblea a súa decisión de suspender a sesión dada a non incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, feito que, ao seu xuízo, prexudica aos veciños de Salvaterra de Miño e doutros concellos da Área Metropolitana. Levántase da Mesa”.

Dáse a “casualidade” de que o informe do Consello Consultivo da Xunta onde se avisa de que a asemblea debe suspenderse ata que se resolvan esas irregularidades, fíxose a petición do Concello de Vigo. Ao Partido Popular e á Xunta só lle preocupou pedir informe ao Consello Consultivo sobre a entrada do Transporte Metropolitano.