Arévalo impulsará a transformación do Rebullón nunha residencia de maiores e un centro de día

A candidata á alcaldía de Mos do Partido Popular visitou hoxe as instalacións do centro acompañada da conselleira de Política Social, Fabiola García
Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Galicia,Mos,Partido Popular,Política

Arévalo impulsará a transformación do Rebullón nunha residencia de maiores e un centro de día

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, anunciou hoxe, nunha visita ás actuais instalacións do centro acompañada de Fabiola García, conselleira de Política Social, que impulsará un proxecto de rehabilitación do Rebullón (edificio destinado hoxe en día a arquivo e almacén) para transformalo nun espazo social que incluirá unha residencia de maiores e un centro de día. Esta é a promesa máis destacada de Nidia Arévalo dentro do seu programa electoral en materia de política social para a próxima lexislatura. Mos é un concello, segundo lembrou a candidata á alcaldía, que adica a súa maior partida orzamentaria a asuntos sociais. De feito, o ano pasado creou o programa Habitamos, un plan no que están chamadas todas as asociacións do municipio, para facer de Mos un concello exemplar en habitabilidade.

O Rebullón pertence á Xunta de Galicia a e acolle nestes intres obradoiros impartidos pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e o 061, que conta cunha base de ambulancias nestas instalacións.

 Outras cuestións que forman parte do programa electoral de Arévalo en materia de política social son o impulso de “Mos Axuda”, a través dos servizos sociais municipais, o impulso do Centro de Día de Petelos co programa de Respiro ás familias, obradoiros e charlas, e especial atención as enfermos de Alzheimer, o mantemento das actuais oito vivendas sociais, conseguir a lista de espera “0” no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a continuación do servizo de teleasistencia e o programa Xantar na Casa, así como o continuo apoio ás organizacións de Mos como Asodifisi, EVD Galicia, Aceesca e Cogami.