Ariel Rot viaxa a bordo de Mar de Ons

O excomponente de Tequila é o presentador do programa de TVE2 “Un país para escucharlo” que viaxou hoxe a Galicia para gravar un novo capítulo
Por o 21/02/2019 | Sección: Eventos
Ariel Rot viaxa a bordo de Mar de Ons

Mar de Ons contou cun pasaxeiro moi especial está mañá a bordo dun dos seus barcos, o excomponente da banda Tequila, Ariel Rot, cruzou desde o porto cangués ata Vigo para a gravación do programa “Un país para escucharlo” do que é presentador. Á súa chegada ao Porto de Vigo, estaba a esperarlle Xoel López. O arxentino, da man do seu anfitrión, fixo un repaso polas bandas que forman parte da escena musical galega.

“Un país para escucharlo”

O programa “Un país para escucharlo”, conducido por Ariel Rot, propón unha viaxe por distintos puntos de España para coñecer a tradición musical local da man de artistas moi recoñecidos que actúan como os seus “guías”. Pero tamén permite visitar esas cidades e os seus recunchos artísticos. O programa que deu comezo o pasado 5 de febreiro, emítese na 2 de Televisión Española os martes a partir das 23.00 horas. “Un país para escucharlo” comezou o seu periplo en Sevilla e Cadiz, despois viaxou a Madrid e a próxima parada será Galicia. O programa tamén visitará Asturias con Jorge Martínez (Ilegais), Barcelona con Santi Balmes ( Love Of Lesbian), Granada con Anni B Sweet, Murcia con Carlos Tarque e Aragón con Amaral.

Comentar noticia

Your email address will not be published.