Arranca a comisión de investigación alternativa sobre os recortes da sanidade publica na que profesionais dos PAC constatan a grave situación que se está a vivir

O médico Eduardo Díaz e a enfermeira Pilar Rodríguez, membros da plataforma PACs en pé de guerra, denunciaron o “ERE encuberto que está a impor o goberno galego” e aseguran que de non poñer remedio a situación empeorará de xeito moi importante
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de En Marea,Política

Arranca a comisión de investigación alternativa sobre os recortes da sanidade publica na que profesionais dos PAC constatan a grave situación que se está a vivir

O médico Eduardo Díaz e a enfermeira Pilar Rodríguez, membros da plataforma PACs en pé de guerra, denunciaron o “ERE encuberto que está a impor o goberno galego” e aseguran que de non poñer remedio a situación empeorará de xeito moi importante

O portavoz do home falecido no PAC da Estrada este verán sen asistencia sanitaria lamentou que “ninguén desde a Consellería de Sanidade nin o goberno galego” tiveran nin tan sequera a delicadeza de se poñer en contacto con eles para trasladarlles as súas condolencias

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018.- Esta mañá arrancou a primeira das sesións da comisión de investigación alternativa sobre os recortes da sanidade pública escoitouse a voz do portavoz do home falecido no PAC da Estrada o pasado verán sen asistencia sanitaria, Manuel Pereira, un médico dos PAC, Eduardo Díaz, e unha enfermeira dos PAC, Pilar Rodríguez. Todos eles agradeceron aos grupos da oposición a oportunidade de poder contar o que realmente está a acontecer na sanidade pública do noso país fronte aos impedimentos e o intento do PP de calar ás voces críticas e a quen realmente está a sufrir diariamente as consecuencias dos recortes.

Manuel Pereira, portavoz do home falecido no PAC da Estrada, lamentou en primeiro lugar que desde a Consellería de Sanidade e o goberno galego non foran quen de ter nin unha soa mostra de condolencia pola morte do seu familiar José Manuel Brey. Así mesmo leu unha dura e emotiva carta da filla do falecido na que se explicaba o acontecido o 4 de agosto no PAC e a falla de atención sanitaria por falla de persoal. “Esta claro que alguén non fixo ven o seu traballo e hai que ter valentía para recoñecer isto para actuar e evitar que volva a suceder noutro PAC de Galicia” afirmaba nesta carta a filla de José Manuel Brey. “As palabras unidas aos feitos é o mellor xeito de amosar as condolencias, pero a Consellería de Sanidade non actuou así.  Non cesaremos no empeño ata que se depuren todas as responsabilidades” manifestou a filla do falecido a través da carta lida polo portavoz da familia.

Eduardo Díaz, médico dun Punto de Atención Continuada do noso país e membro da plataforma PACs en é de guerra, arrancou agradecendo a participación nesta comisión xa que “contra todo prognóstico podemos falar hoxe no Parlamento grazas aos grupos da oposición”. Díaz salientou que os PAC trátase dun servizo preto da xente tanto en espazo como en tempo e polo tanto o máis adecuado para atender á cidadanía en caso de urxencia pero para iso é importante estar preparados e áxiles para ser de utilidade real, pero a obriga de ter que saír ou cubrir a falla de persoal de atención primaria que fai que a cidadanía acuda aos PAC con cuestións que non son atendidas nas consultas da mañá.

Explicou a realidade dos PAC día a día con prazas sen cubrir, sobrecarga inasumible con máis de 127 doentes por médico en 24 horas, unhas condicións laborais de absoluta precariedade con máis de 15 contratos anuais, falla de material e protección insuficiente, entre outras cuestións. Deu exemplos concretos como en zonas onde a poboación aumenta ata en 100.000 persoas no verán e o único reforzo que reciben é un médico, e no caso de que teñan un residente non envían este reforzo correspondente e propoñen aos residentes facer horas extra. El mesmo asegurou ter vivido estar como residente e ter que asumir funcións para as que non tiña naquel momento a formación necesaria.

A sobrecarga nas consultas de atención primaria afecta nos PAC como indicou Eduardo Díaz, xa que teñen que resolver o que non son quen de lograr nas consultas da mañá. E que asegurou pode chegar a ser o 90 por cento do traballo nun PAC. O feito de que un centro quede sen persoal sanitario por ter que saír a cubrir unha urxencia fora “non é algo puntual senón habitual” asegurou Eduardo Díaz que denunciou que se incumpre a mesma lei en canto a mínimos de persoal nos centros. “Hai cuestións que non se poden rebater. Está mal organizado cando se dan 109 consultas para un só médico nunha consulta de maña. Non pode morrer unha persoa nun centro sanitario sen persoal sanitario. O día que tiven que atender 127 persoas non foi o do accidente en Angrois, nin a explosión da pirotécnica de Tui, foi un día festivo normal” explicou Eduardo Díaz.

“O persoal dos PAC estamos a traballar nunha trincheira sen equipamento adecuado, sen protección adecuado, coas nosas mans e coñecementos, ollar cara a cara á morte, loitando por manter con vida ás persoas, esperar a infantería a que cheguen os reforzos. Os sanitarios dos PAC non queremos que morra ninguén baixo a nosa responsabilidade e intentaremos facer o noso traballo se nos deixan” concluíu Eduardo Díaz.

Pilar Rodríguez, enfermeira dun PAC, arrancou facendo unha “gran reprobación aos que non queren escoitar aos que xestionamos día a día a nosa sanidade cos poucos recursos que temos cando debería ser o que tiña que facer o PP e non censurar continuamente as nosas intervencións”.

“As traballadoras dos PAC hai un ano organizámonos baixo as siglas PACs en pé de guerra para reivindicar unhas mellores condicións laborais e asistenciais. As nosas reivindicacións recolleron a situación de sobrecarga e como está a repercutir sobre o noso propio traballo, prazas non cubertas, listas de agarda de atención primaria de case dúas semanas e incluso dun mes nalgúns centros de atención primaria, falla de pediatras…” explicou.

No relativo a falla de cobertura dos PAC asegurou que se trata de algo sistemático e do que foi alertada a Consellería en dúas cartas remitidas polo persoal. “A única resposta que tivemos da xerencia foi acusarnos de xerar unha situación de alarma. O 4 de agosto aconteceu o que viñamos alertando” declarou Pilar Rodríguez. “Non é unha situación illada, é un ERE encuberto que se está a producir na sanidade e máis na atención primaria que é onde máis grave é a situación” denunciou que asegurou que o normal e que un centro quede de media dúas horas sen persoal sanitario cando hai unha saída. A esta circunstancia súmase equipas cun so médico que ten que que asumir procedementos nos que debería participar mínimo dúas persoas e a falla de transporte sanitario.

“Non se pode continuar coa política de facer máis con menos. E urxente incrementar o persoal. As políticas de facemos o que podemos denotan unha falla de previsión e falla de previsión. Todas sabíamos o que ía acontecer, semella estraño que non saiban facer operación doadas de sumar e restar, é unha folla de ruta cun obxectivo marcado e claro” remarcou Pilar Rodríguez.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, na súa intervención asegurou que a demanda dun sistema sanitario é unha demanda cidadá e polo tanto “hai unha necesidade de coñecer que está a pasar co noso sistema sanitario para que se dean as situacións que escoitamos esta mañá”. Lamentou así mesmo que non puidera ser polas canles oficiais como debería ter sido se o obxectivo era construír o relato real de aquelo que é necesario mellorar. “A xente non lle interesa da política máis que se lle acheguen solucions. Por mais que se trate de manipular a cidadanía sabe o que está a acontecer e as comparecencias de hoxe son un exemplo cidadán e profesional” asegurou Villares.

O voceiro de En Marea insistiu en afirmar que “os recortes están a causar sufrimento na xente, empeoran a calidade de vida da xente, e a saúde da xente e as veces provocan a morte da xente” e denunciou que o PP “tampouco quere saberse o que implica a privatización dos servizos sanitarios que non é máis que desviar recursos de todas para beneficiar á privada”. “Non hai poder público se non garante dereitos” asegurou.

Pola súa banda a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, agradeceu a valentía e o exemplo dado polos comparecentes na loita polo noso sistema sanitario público e pediu que explicasen entre outras cuestións o que supuxeron os recortes nos PAC en canto á perda de calidade de vida e atención ás persoas, ou cuestións como o rexeitamento por parte da Consellería dos permisos solicitados polo persoal, reducións de xornada por temas de conciliación, ou incluso vacacións.

Estas cuestións foron respondidas polos profesionais dos PAC galegos que indicaron que un terzo da equipa de profesionais son eventuais como mostra da situación de precariedade laboral que viven, á que se suma o feito de que as baixas comunicadas incluso con moito tempo son resoltas nas últimas horas. “As prazas da oposición foi totalmente insuficientes” advertiron.

Así mesmo, aseguraron que a maioría da equipo de persoal, entre un 30 e 40 por cento, é persoal eventual e parte del que se vai mobilizando entre centros e entre primaria e hospitalaria o que provoca grande ansiedade e desestabilidade nos centros. “A sobrecarga é o problema máis grave na actualidade” afirmou.

“Un sistema tan importante como o noso non se pode basear na voluntariedade nin ampliar o tempo de xubilación. Os xefes de servizos levan desde marzo avisando de que se está a arranxar a base de solidariedade cos compañeiros. Os parches non poden arranxar unha situación de recursos humanos deste tipo” remarcou Pilar Rodríguez.

Os profesionais dos PAC denunciaron así mesmo que se está a producir unha expulsión dos profesionais do sistema sanitario público a causa da grave situación de precariedade laboral que fai que os profesionais teñan que buscar alternativas na privada ou marchar a outras comunidades. “Hai excendente de máis de 200 profesionais e o único xeito de lograr que volvan xerar emprego estable. as OPES non son suficientes. Se collemos a realidade os números non dan. Estamos iniciando o problema e isto é o que nos preocupa” concluíu.

Como solucións sinalaron a necesidade de recuperar o plan mellora que significaba un aumento de recursos humanos e materiais e que ao quedar paralizado o que aconteceu foi que o sistema, que xa estaba baixo mínimos, paralízase e non ten capacidade resolutiva. “Temos que recuperar o plan mellora. Non podemos traballar con material obsoleto. Hai fonendos que non sirven para escoitar, non temos material de diagnóstico adecuado e compatibles cos programas informáticos” denunciou.

“A única solución pasa por investir, mellorar o sistema e dar capacidade aos profesionais” concluíu.