Arranca a nova tramitación das Piscinas de Campolongo que poderán estar adxudicadas en nove meses

Publicado por o día 30/06/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

Arranca a nova tramitación das Piscinas de Campolongo que poderán estar adxudicadas en nove meses

O Concello xa ten ultimado o último Plan de viabilidade do proxecto de Reforma, ampliación e mellora das Piscinas de Campolongo. O responsábel do departamento de Contratación, Raimundo González informou esta mañá que unha vindeira Xunta de Goberno será aprobado, e continuarase dando pasos adiante neste proxecto “que xa ten un retraso substancial”.

Explicou que no ano 2013 o Concello acordou sacar un proxecto conxunto das Piscinas de Campolongo e do Complexo Deportivo da A Parda conxuntamente. O concurso quedou deserto e así se confirmou en abril de 2015. No ano 2016, o Goberno Local acorda sacar, de novo, o proxecto das Piscinas por separado e comeza, de novo, a traballar nos novos trámites administrativos que son distintos ao non ter a concurrencia do proxecto da Parda.

O Plan de viabilidade elaborado en 2016, e contra o que se presentou unha alegación, tampouco chegou ao bo porto ante o cambio normativo da Regulamento de Desindexación, que obriga a determinadas cuestións legais sobre a actualización económica do contrato, entre outras cousas. Logo de consultalo cos servizos xurídicos municipais, acordouse elaborar un novo plan de viabilidade, para o que o Concello contratou unha asistencia técnica.

Neste novo plan de viabilidade o prazo da concesión é a 20 anos, a duración das obras de seis meses, inclúese que o Concello poida achegar até 1 millón de euros polas obras en calidade de investimento, o número de aboados por mes terá un tope de 2.800, cun pico máximo anual de 4.000, terá un custe total duns 3,5 millóns de euros, entre outros moitos elementos que se poderán consultar logo da aprobación pola Xunta de Goberno, no Boletín Oficial da Provincia.

Raimundo González recoñeceu que o proxecto “leva un retraso substancial”, pero xa se lle pediu aos operadores as súas achegas para elaborar a estrutura de costes, e se traballa no plan de explotación e construción. De todos os modos, toda a tramitación administrativa pendente pode prolongarse por uns nove meses máis, a lo menos.

O Concello aprobará mañá, nunha Xunta de Goberno extraordinaria, a aprobación da prórroga do contrato actual como máximo dun ano ou polo tempo necesario até a adxudicación do novo contrato, sempre e cando sexa menos dun ano.