Arrancan as obras de mellora da accesibilidade na baixada á praia de Fedorento e na contorna do Estadio Municipal da Guarda

Este luns día 25 de xaneiro de 2021 iniciáronse os traballos de mellora da accesibilidade na baixada á praia de Fedorento na Guarda e na contorna do Estadio Municipal da Sangriña.

No caso da baixada á Praia de Fedorento se vai a retirar a beirarrúa existente aproveitando para facer tamén unha nova rede de saneamento de pluviais, mellorando a accesibilidade de peóns segundo marca a normativa vixente realizar en formigón de color vermello.

No frontal do Estadio Municipal da Sangriña se vai a proceder á retirada da beirarrúa existente que se atopa moi deteriorada e realizar unha nova de formigón en color vermello.

O prazo de execución destas obras é de aproximadamente un mes e estes traballo contan cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1 da Deputación de Pontevedra.

O Concello da Guarda continúa deste xeito co seu compromiso de mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM