Arrancan as obras de demolición no antigo Hospital Xeral para convertelo na futura Cidade da Xustiza de Vigo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que as obras de demolición comezarán mañá mesmo, cun prazo de 5 meses, estando previsto que a Cidade da Xustiza sexa unha realidade a finais do ano 2019
Publicado por o día 03/07/2017 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Arrancan as obras de demolición no antigo Hospital Xeral para convertelo na futura Cidade da Xustiza de Vigo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que mañá darán comezo as obras de demolición no antigo Hospital Xeral, que teñen un prazo de execución de 5 meses, para continuar logo coa rehabilitación do edificio, e que a futura Cidade da Xustiza de Vigo sexa unha realidade a finais de 2019.

Alfonso Rueda indicou que a Xunta segue coa premisa de axilizar ao máximo o proceso de rehabilitación do inmoble, comezando por unha parte coa demolición dos elementos que non se aproveitan, e por outro, a obra de rehabilitación propiamente dita.

Polo tanto, para axilizar ao máximo a posta en marcha do edificio, o proxecto dividiuse en dúas fases. Primeiro, a fase de execución, coa parte de demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas. Posteriormente, unha segunda fase de obra de rehabilitación, cun prazo de execución de 24 meses, co obxectivo principal de que o edifico sexa unha realidade antes de rematar 2019, cun investimento global que roldará os 25 millóns de euros.

Ademais, paralelamente ao proceso de derrubamento, que consiste en baleirado de interiores, desmontaxe de recubrimento de fachadas, demolición do edificio curvo e diversas actuacións para poder comezar coa rehabilitación, o arquitecto Alfonso Penela segue a traballar na redacción do proxecto de rehabilitación, para que en canto o teña listo, poder iniciar xa as obras.

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, concentrando nun mesmo edificio todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e ubicando no inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do concello.

Proxecto