Arrancan as obras na contorna do Castro de Chandebrito, que estarán rematadas nun prazo dunhas catro semanas

Por o 05/06/2018 | Sección: Galicia,Nigrán,Xunta de Galicia
Arrancan as obras na contorna do Castro de Chandebrito, que estarán rematadas nun prazo dunhas catro semanas
Compartir en:

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazáronse hoxe ata o Concello de Nigrán para supervisar o inicio das obras no Castro de Chandebrito, unha das áreas afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de outubro, e que estarán rematadas nun prazo dunhas catro semanas.

Na visita, na que estiveron acompañados polo alcalde da localidade pontevedresa, Juan González, e representantes da Comunidade de Montes, Pérez Dubois celebrou o inicio desta actuación “na que tivemos que conxugar a protección do Castro e das casas dos veciños deste lugar”, dixo, ao tempo que remarcou a medida como a “máis viable para preservar as edificacións da zona de posibles desprendementos”. A Consellería de Medio Rural destina 64.432,46 euros a esta intervención, que responde á proposta técnica encargada á Universidade de Vigo.